lunes, 11 de marzo de 2013

VISITA Á SGHN, DIARIO DE FERROL E BARRIO DA MADALENA II

3º, 4º, 5º e 6º no Museo da Natureza
 Hoxe pola mañá saímos do centro para facer varias visitas. A primeira parada foi no edificio do "Museo da Natureza" da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Foi unha visita moi amena e aprendemos moito sobre o entorno natural que nos arrodea. Vimos seccións de troncos dunha gran variedade de árbores, peles, unha piraña, cranios de pequenos mamíferos, aves, esqueletos, bolboretas, animais disecados, coma unha tartaruga que apareceu na praia de Campelo..., unha lura xigante. Hai moitos paneis con datos sobre a exposición, e seguro que teremos que repetir a visita para enterarnos moi ben de toda a información que conservan sobre o que vimos. Estamos invitados a ir coas nosas familias. Se cadra poidamos explicarlles moito do que aprendemos esta mañá.

Logo de saír da SGHN, un grupo tiña cita no Diario de Ferrol, e mentres, os maiores adicámonos a facer unha visita polo Barrio da Madalena. Percorremos a rúa da Terra, a rúa María, a rúa Dolores, a rúa Real e a Rúa Galiano. E estivemos na Praza de Armas e na Praza de Amboage. E por certo, antes de que vexades outras fotos, que saibades que Meteogalicia acertou de pleno na predición para hoxe. Tratamos de que "a molleira" non fose moi escandalosa, pero aínda así non houbo queixa. 
5º e 6º diante do Concello de Ferrol, na Praza de Armas

Se queredes ver cal era a predición,
tédela a continuación.
Fóra bromas, a visita polas rúas de Ferrol estivo moi ben. Coma o noso cole está no extrarradio da cidade, ás veces ata esquecemos valorar o noso casco histórico, admirar os seus edificios (falamos de Rodolfo Ucha) e pasear polas súas rúas. Pois iso foi o que fixemos nos ratos que a choiva nos deixou.
Por último, cando o reloxo do Concello daba as doce badaladas apuramos para non chegar tarde á nosa cita no Museo do Diario de Ferrol, onde o outro grupo estaba rematando a súa visita: tipos, prensa, rotativos, ordenadores antiguos, e antigas máquinas para proxectar cine, máquinas de escribir...Teremos, tamén,  que repetila con máis calma porque hai moooitas cousas interesantes que ver.

1 comentario:

  1. Gustóume moito a excursión porque aprendín moito sobre os animais os escrementos e sobre cómo era antes os ordenadores as máquinas.Case non me aburrín,pero,o que foi unha pena e que chovera tanto cheguei empapada ao colexio.Tamen fixemos un pequeno paseo coa profe Rosana .Rosana nos ensinou as Rúas,e pasamos por elas por exemplo a Rúa Dolores,a Rúa Galianoetc

    ResponderEliminar